Inscrición e participación
Do 1 de marzo ao 31 de maio
Durante este período os concursantes poderán inscribirse completando o formulario correspondente.
Ciencia Clip e un concurso de vídeos divulgativos de ciencia deseñados, producidos e protagonizados por estudantes de Educación Secundaria.
O obxectivo do concurso é fomentar o interese pola ciencia e a tecnoloxía. E ofrecerlles aos concursantes unha oportunidade de exercitar a súa creatividade e habilidades comunicativas empregando as ferramentas que proporciona Internet.
Ciencia Clip é unha iniciativa da Cátedra de Cultura Científica de la UPV/EHU, patrocinada pola Fundación Euskampus, e na que colaboran o grupo Big Van e a plataforma Naukas e Scenio.
Poden participar estudantes da ESO, Bacharelato e dos ciclos básico e medio de Formación Profesional que conten coa aprobación dos seus pais ou titores legais.
Haberá un total de catro premios. En primeiro lugar, concederanse tres premios, un por categoría (S, M e L). En segundo lugar, o xurado outorgará un cuarto premio especial, ao vídeo mellor valorado de todos.
Os gañadores de cada categoría que participaran de xeito individual serán agasallados cun kit completo para a construción e manexo dun robot, así coma cunha viaxe e estancia de hotel para o gañador e dous adultos acompañantes (pais ou profesores do estudante) para asistir á sesión do sábado de Naukas Bilbao 2022.
Os gañadores que presentaran o seu traballo en equipo (máximo tres membros) serán agasallados cunha viaxe e estancia de hotel para todos os integrantes do equipo e para catro adultos acompañantes (pais ou profesores dos integrantes do equipo) para asistir á sesión do sábado de Naukas Bilbao 2022.
Unha visita ao CERN, en Xenebra, para un máximo de catro persoas, entre as que unha delas, de ser o caso, será o profesor que asesorara os estudantes para se presentaren ao concurso.