Pode participar o alumnado de Formación Profesional?

O alumnado de FP básica ou ciclos medios pode participar. Para todos os efectos, é ensino secundario. Porén, os ciclos formativos superiores son educación terciaria, e polo tanto, quedan fóra da secundaria. En certa maneira son equivalentes á formación universitaria. Por iso, non poden participar estudantes de ciclos superiores.

Sobre que teñen que tratar os vídeos? Han de ser divertidos?

A clave é a creatividade. Interésanos que se poña en xogo a imaxinación e a creatividade, que se fagan cousas inesperadas, diferentes. Poden ser divertidos ou non, o importante é o outro. Podería ser unha práctica, sempre que o resultado sexa unha creación orixinal, diferente, imaxinativa…

Pode colaborar alumnado de diferentes centros nun mesmo equipo?

En principio, nas bases non se especifica que teñan que ser necesariamente do mesmo centro. Así pois, a colaboración é posible; o único requisito é que o grupo non teña máis de 3 integrantes.

Pódese presentar máis de un vídeo?

Non, os participantes só poderán presentar un único vídeo.

De facer o vídeo en inglés, ten que ter subtítulos en español?

Os vídeos pódense editar en calquera dos idiomas sinalados nas bases (español, éuscaro, catalán, galego ou inglés). Sexa cal sexa o idioma escollido, non cómpre incluír subtítulos, a non ser que así o queiran os autores.

Pódense facer vídeos sobre divulgación matemática?

Si, por suposto. Tanto o formato coma os temas que se traten nos vídeos son libres. Xa que logo, o traballo pode versar sobre calquera materia de ciencia e tecnoloxía.

Pódense incluír presentacións ou ferramentas coma PowerPoint no vídeo?

O formato é libre e é posible apoiarse en material de presentación adicional.

Os vídeos deben seguir unhas pautas determinadas de edición?

A edición, o formato e o tema que se trate nos vídeos son libres. Os vídeos poden ser elaborados de moi diversas maneiras, poden consistir nunha concatenación de imaxes conectadas por un único guión, nunha presentación oral, nun diálogo entre dúas ou máis persoas… As súas claves e pautas quedan en mans dos autores.

Pódese participar desde outros países?

Esta edición do concurso Ciencia Clip está dirixida a alumnas e alumnos da Península Ibérica, Baleares, Canarias, Ceuta e Melilla ou áreas próximas ao País Vasco.

Aqueles participantes de fóra de España poderán inscribir os seus vídeos pero a súa participación non levaría premio aparellado.
Con todo, o xurado do concurso se reserva a posibilidade de premiar, como máximo a tres vídeos de participantes de fóra de España, que considere de calidade. O premio levaría una mención especial na web, certificado acreditativo e un lote de libros.

É obrigatorio o permiso dos pais para participar?

Os participantes deberán contar coa aprobación dos seus pais ou titores legais para participar no concurso. E, no caso de que a súa imaxe apareza nos vídeos, ao realizaren a inscrición para participar no concurso terán que achegar un documento escrito onde os pais ou titores legais dean permiso para que a imaxe apareza no vídeo.

Contáctanos

Tes algunha dúbida ou consulta? Escríbenos unha mensaxe con aquilo que queiras aclarar.

Contáctanos