Que é Ciencia Clip?

Ciencia Clip é un concurso de vídeos divulgativos de ciencia deseñados, producidos e protagonizados por estudantes de Educación Secundaria. O seu obxectivo é fomentar o interese pola ciencia e a tecnoloxía e ofrecerlle á xente nova unha oportunidade para exercitar a súa creatividade. Como? Empregando as ferramentas que lles son máis familiares, as que fornece Internet.

Quen pode participar?

Estudantes da ESO, Bacharelato e o ciclo básico e medio de FP que conten coa aprobación dos seus pais ou titores.

Esta edición do concurso Ciencia Clip está dirixida a alumnas e alumnos da Península Ibérica, Baleares, Canarias, Ceuta e Melilla.

Non poderán participar no concurso quen resulten gañadores en edicións anteriores de Ciencia Clip.

Aqueles participantes de fóra de España poderán inscribir os seus vídeos pero a súa participación non levaría premio aparellado.
Con todo, o xurado do concurso se reserva a posibilidade de premiar, como máximo a tres vídeos de participantes de fóra de España, que considere de calidade. O premio levaría una mención especial na web, certificado acreditativo e un lote de libros.

Como se pode participar?

Poderase participar de dúas maneiras: de forma individual ou en equipo. Os equipos non poderán estar formados por máis de tres membros. Cada alumno/a pode participar cun único vídeo.

Cales son as categorías?

Hai tres categorías:

  • S: Estudantes de 1.º e 2.º da ESO
  • M: Estudantes de 3.º e 4.º da ESO e ciclo básico de FP
  • L: Estudantes de Bacharelato e ciclo medio de FP

Que tipos de vídeos pódense presentar?

Pódense presentar os seguintes vídeos:

  • Experimentos: podes mostrar cun experimento en que consiste un fenómeno.
  • Investigación: podes explicar una investigación que responda una pregunta científica e ensinar que resultados obtiveches.
  • Artístico: podes dar a coñecer un concepto de ciencia a través de imaxes, música, a interpretación ou mesmo o humor.

Os vídeos poden ser de estilo Youtuber ou Animación.

Os vídeos poden presentarse de maneira individual ou en grupo (como máximo tres integrantes).

Que características teñen que cumprir os vídeos?

O formato e o tema do vídeo son libres. Deben ter unha duración de entre tres e cinco minutos. Pódese gravar en calquera das linguas oficiais do Estado español ou en inglés. Se os alumnos/as son protagonistas dos vídeos, deberán achegar, xunto coa inscrición no concurso, o permiso escrito dos pais ou titores para que a súa imaxe apareza no vídeo.

Non se admitirán os vídeos que:

  • Violen dereitos de propiedade industrial ou intelectual de terceiros.
  • Reproduzan imaxes recoñecibles de terceiras persoas sen o seu consentimento.
  • Sexan de mal gusto ou ofensivas, segundo o criterio dos organizadores.
  • Infrinxan a lexislación vixente.
  • Amosen contido sexual ou espidos.
  • Conteñan reivindicacións políticas, manifestacións relixiosas ou dean mostras de racismo.
  • Atenten contra a protección da infancia, a xuventude e a muller, o dereito ao honor e a dignidade das persoas.
  • Invadan ou lesionen a intimidade de terceiros.
  • Amosen, induzan, inciten ou promovan calquera tipo de actuacións delituosas, denigrantes ou violentas.
  • Conteñan virus ou calquera outro código informático, arquivo ou programa deseñado para interromper, destruír ou limitar, ou de calquera modo, afectar ao funcionamento de calquera software, hardware ou equipo de telecomunicacións.

Cales son os pasos que se deben seguir?

Son tres pasos sinxelos: gravar o vídeo, subilo a YouTube ou Vimeo e, por último, inscribirse no concurso.

Os vídeos aloxados en YouTube e Vimeo deberán ser públicos para que poidan ser engadidos á lista de participantes que se elabora en cienciaclip.naukas.com.

Cando hai que entregar os vídeos?

A data de inscrición e a entrega dos vídeos comeza o 1 de marzo e finaliza o 31 de maio.

Como é o proceso de selección dos gañadores?

Os vídeos que cumpran as bases da convocatoria colgaranse na páxina web entre o 6 de xuño e o 17 de xuño; e posteriormente, do 20 de xuño ao 3 de xullo abrirase un período de votación aberta. O número de votos dos vídeos formará un terzo dos criterios de valoración do xurado.

Como é o proceso de selección?

El jurado tendrá en cuenta los votos recibidos por el vídeo y valorará la creatividad, originalidad, claridad y ritmo de la exposición así como la dificultad y calidad del contenido científico.

Quen é o xurado?

O xurado estará formado por membros da Cátedra de Cultura Científica da UPV/EHU, membros de Naukas, membros de Big Van e Scenio. Do 4 de xullo ao 31 de xullo o xurado deliberará ata conformar a listaxe de gañadores e o 1 de setembro publicaranse os gañadores de cada unha das categorías e modalidades.

Que se vai valorar nos vídeos?

O xurado terá en conta os votos recibidos polo vídeo e valorará a creatividade, orixinalidade, claridade e ritmo da exposición, así como a dificultade e a calidade do contido científico.

Cantos premios se van dar?

Haberá un total de catro premios.

Tres premios, un por categoría (S, M e L) para os mellores vídeos de cada una das categorías. Ademais o xurado outorgará un cuarto premio, o premio especial do xurado,  ao que considere o vídeo mellor valorado de entre o tres gañadores.

O xurado poderá declarar deserto calquera premio de estimar que os vídeos presentados non reúnen as calidades suficientes ou que carecen da calidade e do rigor axeitados.

Cales son os premios?

Os gañadores de calquera das tres categorías (S, M ou L) que presenten o vídeo de xeito individual, recibirán un kit completo para a construción e manexo dun robot, así coma unha viaxe e estancia de hotel para o gañador e dous adultos acompañantes (pais ou profesores do estudante) para asistir á sesión do sábado de Naukas Bilbao 2022.

Os gañadores de calquera das tres categorías (S, M ou L) que presenten o vídeo en equipo, recibirán unha viaxe e estancia de hotel para todos os integrantes do equipo e para catro adultos acompañantes (pais ou profesores dos integrantes do equipo) para asistir á sesión do sábado de Naukas Bilbao 2022.

Primeiro premio especial do xurado ao mellor vídeo: unha visita ao CERN, en Xenebra, para un máximo de catro persoas, entre as que unha delas, de ser o caso, será o profesor que asesorara os estudantes para se presentaren ao concurso.

Cando terá lugar a entrega dos premios?

O setembro 2022 celebrarase a entrega dos premios e anunciarase o gañador do premio especial do xurado no evento Naukas 2022 en Bilbao.

Onde hai que acudir en caso de ter algunha dúbida?

Para aclarar dúbidas ou pedir máis información, deberase escribir unha mensaxe de correo ao seguinte enderezo: cienciaclip@gmail.com